Un día nun mundo normal pero raro.
Un día en Xque non tiña desperdicio , non valía para ir a praia pero si para facer deporte, tomar o aire ou estar de carallada cos amigos.
Resumindo , un día pouco conflictivo.
Neste día sucederon cousas pouco importantes porque a xente estaba de vacacións e o calor fai que entre a nugalla pero sen embargo hai unha historia que sucedeu o mes pasado… é de película… empezo
Hai case un mes, nunha rúa, nun día de moito calor, aquí neste pobo de mala morte a mediodía viñeron uns estranxeiros a traer medo nas costas. Estes personaxes ían en dirección Santiago de Compostela ou iso dixeron a un transeúnte con cara de parbo que tiña un bo traxe.
A señora que ía conducindo preguntou como había que saír de Lalín en dirección Santiago, esta dixo con boas formas e con voz nerviosa, acenando a cabeza de cara a parte traseira do coche onde estaba un home grande, con cara de vos amigos pero con un revolver do quince e dicindo: Por favor, a carteira!
O transeúnte cambioulle a cara, empezou a suar e a tremer como un flan recén feito e deulle a carteira inmediatamente sen piar, o outro retirou os 120€, devolveulle a billeteira e apoiado no asento dianteiro acenoulle ca pistola a mullerona que arrincase o coche e continuase o viaxe como si tal fose.
Despois dun anaco, xa marchara o coche de diante dos fuciños do transeúnte, recuperouse do impacto de estar diante dun revolver don quince e chamou a policía.
O señor non recordaba nin a forma, nin a cor, nin a matrícula, nin a cara da muller e o home solo se acordaba dos 12o€ que non podería volver a ver.
O transeúnte solo recordou vagamente o que sucedeu pero non foi capaz de axudar nada para atopar os criminais.
Polo meu parecer o único criminal é o home da pistola porque a muller seguramente parou a un estopista que estaba como un tren e cando se deu de conta tubo que valer de chofer a este pistoleiro que so quere vivir intensamente ata que o metan a cárcere que é onde debe estar.
Malditas as armas e os pistoleiros que as usan para facer mal.
Tamén hai que dicir que o pobre señor ameazado quedaralle a imaxe do arma para toda a vida e sempre estará atento os coches que se paren cerca porque este terá pánico para sempre o que se lle aveciñe dentro de calquera vehículo.
Comentarios
Publicar un comentario